Quen somos. O equipo detrás de VERSOGRAMAS
Juan Lesta e BeLén Montero
Belén Montero (1970) e Juan Lesta (1971) son realizadores cunha ampla experiencia en proxectos experimentais e multimedia orientados tanto á cultura coma ó video corporativo. Formaron no 98 a produtora Esferobite e, baixo o nome artístico DSK, realizan sesións de vídeo en directo e proxectos artístico-musicais. Os seus traballos foron premiados en numerosos festivais, (tales como MTV Awards, Vitoria- Gasteiz, VAD) e expostos en museos coma o Pompidou (Metz), o CGAC (Santiago de Compostela) ou o Hangar (Barcelona). Especialízanse en videoclip, live cinema, documental experimental, desarrollo web e proxectos educativos relacionados co vídeo.
www.esferobite.com // www.esferobite.com/dsk // @Esferobite // Esferobite en vimeo
Celia Parra
Celia Parra (Ourense, 1990) é produtora audiovisual e recoñecida poeta. Traballou para as principais produtoras galegas e desenvolveu tamén proxectos artísticos propios. Como poeta, conta cun poemario individual (“No berce das mareas”, premio Avelina Valladares) e con obra recollida en varias antoloxías, coma “No seu despregar” (Ed. Apiario) ou “13. Antoloxía da poesía galega próxima” (Ed. Chan da Pólvora-Papeles Mínimos), entre outras. Especialízase en videopoesía, como creadora, docente e investigadora.
www.celiaparra.com // Linkedin // @celiaparradiaz // Celia en vimeo