Encadrada na sección longametraxes do festival, a proxección de Versogramas súmase a unha lista de películas impulsadas por novos creadores e creadoras. Isto é o que din de nós:
“Completa a selección Versogramas, estrea en festivais de Galicia na que os consagrados Belén Montero e Juan Lesta parten da idea orixinal doutra millennial, Celia Parra, para realizar a primeira historia da videopoesía feita dende a perspectiva galega.”
É unha alegría tremenda para todo o equipo presentar Versogramas no Festival de Cans!
Vémonos pois o mércores 23 de maio, ás 17h, no Baixo de Bugarín.
Xusto despois, ás 19h, terá lugar a final do concurso de booktrailers e booktubers “Ollo de vidro”, así que vos queda un plan cinéfilo-literario-millenial ben xeitosiño.