Back to Top
Velaquí o texto – Miriam Rodríguez

Velaquí o texto é un videopoema realizado por Miriam Rodríguez, Pablo Kaufmann e Xabier X. Xardón.

Miriam Rodríguez (directora, cámara e editora) e Pablo Kaufmann (director de fotografía e cámara) son un dúo que colabora habitualmente na realización de videoclips e videocreación. O poeta Xabier Xil Xardón ten tamén participado en varias das súas producións poñendo a voz e os seus propios textos.

Velaquí o texto contén unha grande beleza visual. Baseado nas texturas, na superposición de capas, na plasticidade dos obxectos, na cor e na recreación da mirada. Explora a beleza do papel escrito e do libro, tanto que semella posible sentir o tacto das follas. A natureza está tamén presente enmarcando o conxunto. O texto reflexiona sobre o feito de escribir e de ler, entende a escritura coma un lugar habitable e o papel coma un ser vivo. Destaca a mención final a Rosalía de Castro (1837-1885), unha poeta fundamental na historia da literatura galega e universal.