Arquivos da etiqueta: versogramas

Lanzamos campaña de crowdfunding!

Hoxe lanzamos campaña de crowdfunding de Versogramas, o primeiro documental sobre o panorama internacional da videopoesía, producido por Esferobite.

lanzamos versogramas crowdfunding

Entrando en vkm.is/versogramas podes apoiar o proxecto e acceder ás recompensas que temos preparadas. Moitas delas son limitadas, así que apura, non as deixes escapar!

Neste vídeo contámosche un pouco máis:

Se vibras coa poesía, se che encanta a videocreación, se cres que a cultura precisa manterse viva e queres contribuír neste innovador proxecto, esta é a túa oportunidade.

Participa!

Que é unha pre-campaña?

Moitos e moitas nos preguntades: pero que é iso da pre-campaña? É xa un crowdfunding? Vai haber máis recompensas? Para que estades facendo iso?

É normal que xurdan dúbidas respecto a este proceso, ben coñecido entre a comunidade crowdfunding pero quizais non moi desenvolvido en España. Como queremos que todos e todas esteades ao tanto, velaquí vai unha pouca info para resolver estas cuestións.

pre-campaña crowdfunding

A pre-campaña é un aviso previo do próximo lanzamento dunha campaña de crowdfunding. Esta comunicación faise co obxectivo de ter á comunidade seguidora do proxecto informada, para que a noticia non lles colla por sorpresa. Concentramos pois nunha páxina a información relevante sobre o que está por vir, e animamos ás persoas interesadas a deixarnos o seu correo. No caso de Versogramas, esta ligazón é versogramas.com/landing. Alí veredes tres das recompensas que ofreceremos, pero hai moitas máis. Estamos xa anunciándoas en redes sociais, estade pendentes!

O martes 18 de abril iniciamos a campaña de crowdfunding. Mandaremos un email a todas as persoas apuntadas, avisando do lanzamento e compartindo a ligazón á plataforma de micromecenado na que poden realizarse achegas. Hai recompensas limitadas, así que é importante enterarse pronto! Pola nosa parte, deste xeito esperamos concentrar a atención da nosa comunidade e acadar un maior número de achegas, para cumplir pronto o obxectivo de financiamento e que o proxecto saia adiante.

Por se estades preocupados de recibir spam: Non seremos nada pesados, prometido! Informaremos puntualmente do inicio da campaña, a consecución de fitos de financiamento, e se queredes, poderedes tamén seguir as actualizacións que fagamos no blog da campaña.

Versogramas é un documental que pretende achegar a videopoesía non só á comunidade de videopoetas e amantes do xénero, un círculo  xa moi activo. Sobre todo, queremos compartir con todo o mundo a nosa paixón pola videopoesía, promover en vós a tamén a descuberta e o abraio. Para iso precisamos da vosa colaboración. Por favor, compartide versogramas.com/landing entre o voso círculo, contribuíde na medida das vosas posibilidades cando lancemos a campaña e difundide a mensaxe, que a videopoesía chegue a todos os recunchos da rede!

Sunny Side feedback

Voltamos a casa despois dunhas intensas xornadas de traballo no Sunny Side of the Doc (La Rochelle, Francia).

sunny side feedback

Juan Lesta no stand Docs From Spain

Foron días de reunións, debates, pitchings, cócteles, reunións, proxeccións, charlas e máis reunións. Resultou realmente interesante comprobar as dinámicas actuais do mercado audiovisual, e ver a incrible saúde da que goza a produción de documentais internacionalmente. Como resumo, presenciamos proxectos ambiciosos, de grande calidade técnica e artística, na súa maioría coproducións entre varios países.

sunny side feedback

Flyers de Versogramas

O máis salientable, decatarse do enorme apoio das televisións nacionais e internacionais ó documental: máis dun slot para documentais de diversa duración e temática, departamentos especializados, coprodución e adquisición habitual de contidos, mesmo unha búsqueda activa de proxectos, denotan o mimo co que se trata a estas producións. Todo isto, por suposto, contribúe á creación dun público que consume e demanda documentais, e por tanto xustifica a súa viabilidade.

Pola nosa parte, volvemos cunha cantidade inxente de información que procesar, moito para aprender, e moitos contactos interesantes cos que manter relación. Agardamos poder contarvos novidades pronto!

Versogramas no Sunny Side of the Doc

versogramas sunny side of the doc

Versogramas viaxa a La Rochelle! Esta semana participaremos no festival e mercado internacional Sunny Side of the Doc. Poderedes atoparnos no pabellón “A9-Cinema from Spain”, baixo a marca “Films from Galicia”.

Será unha semana estupenda para coñecérmonos, intercambiar informacións sobre actuais e futuros proxectos, e aprender das tendencias do mercado internacional de documentais.