Arquivos da etiqueta: documental

CROWDFUNDING FINALIZADO CON ÉXITO!!

CROWDFUNDING FINALIZADO CON ÉXITO!!

Moitas grazas a todos e todas as mecenas que contribuístes a que Versogramas poida saír adiante. Estamos felices de termos acadado e mesmo superado o obxectivo de financiamento!

Agora toca facer contas e pechar o crowdfunding. Tan pronto poidamos porémonos en contacto con cada mecenas para xestionar todo o preciso. Lembrade que o período de entrega de recompensas será aproximadamente entre setembro e decembro deste 2017, para que poidades acabar o ano con moita videopoesía.

Nós seguimos en rodaxe e pronto comezaremos a montaxe do documental.

Manterémosvos ao tanto 😉

éxito crowdfunding

Primeiro obxectivo conseguido!

Xa superamos o primeiro obxectivo de recadación!! Agora, imos a polo 2º obxectivo! Agarrádevos, que veñen curvas:

primeiro obxectivo conseguido

Queremos chegar a 8.500€ de recadación, para que Versogramas sexa impresionante. Con eses cartos extra, poderemos encher o plató de attrezzo incrible para facer aínda máis bonitas as escenas de transición de Versogramas: follas secas, pedras, ramas, libros, leds, cachivaches… Ademais, poderemos contratar a máis xente para que nos axude coa loxística de plató, que nos fai moita falta. Axudádesnos a conseguir iso?

Ademais, queremos engadir unha nova recompensa: un pase+picnic informal ao aire libre. Cea co equipo mentres ves o documental, por 50€! Correde reservala!

Como agradecemento a todos e todas as mecenas que nos apoiastes ata agora: dámosvos unha recompensa extra! O acceso online a material exclusivo do documental, making off, recortes de escenas, entrevistas íntegras…

GRACIAS, GRACIAS, GRACIAS!!

Sigamos avanzando, difundide vkm.is/versogramas e colaborade neste fantástico proxecto!

 

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!

Que teñen en común Yolanda Castaño, Antón Reixa, Miriam Reyes, Cristina Ferreiro, Eduardo Estévez, Branca Novoneyra, Xabier Xardón ou Esther Carrodeguas? Empregaban o mesmo modelo de bolígrafo? Teñen o pelo da mesma cor?

Non! Que tod@s son poetas galeg@s con videopoemas que formarán parte de Versogramas!! E que mellor maneira de celebrar as Letras Galegas, ademais de honrando ao grande Carlos Casares, que celebrando a grandes poetas vivos que mesturan palabra, son e imaxe.

miriam reyes versogramas letras galegas

Hoxe celebramos as Letras e celebramos que xa superamos os 4.000€ de recadación! Lembra que hai moitas recompensas que xa se están agotando, como participar nun videopoema colectivo e acudir á pre-estrea con desconto.

Ademais, non perdas a oportunidade de recibir un recital multimedia para escoitar e ver dende onde queiras. E aproveita para conseguir unha edición numerada dos videopoemas de Juan Lesta e Belén Montero.

Quedan poucos días de campaña e é vital que nos axudes a difundir a mensaxe. Para que nós poidamos sacar adiante Versogramas, e para que ti poidas levar a túa recompensa! 😉

Por certo: no segundo día de rodaxe entrevistamos a Eduardo Yagüe, Dionisio Cañas e Miriam Reyes. Eduardo dixo estas palabras preciosas sobre nós e trouxo golosinas suecas. As conversas cos tres foron igualmente deliciosas e proveitosas, menudos momentos bonitos nos está regalando Versogramas!

eduardo yague versogramas letras galegas

 

Día 1 – Estamos rodando!

Alá foi o día 1 de rodaxe de Versogramas, o primeiro documental sobre o panorama internacional da videopoesía.

Entrevistamos a Kònic, Rosa Sánchez e Alain Baumann, artistas especializados en creacións interactivas onde a palabra, a imaxe e o son xogan un papel fundamental en relación co espectador.

Dende Bélxica chegou Marc Neys, todo un referente na videopoesía internacional con case 300 videopoemas creados e unha enorme paixón polo seu traballo. Colabora con multitude de videopoetas, imparte obradoiros de videopoesía, é xurado de festivais do xénero e ten recibido el mesmo moitos recoñecementos.

día 1 swoon rodaxe versogramas

Hernán Talavera veu dende Albacete cargado de referencias e reflexións sobre o seu proceso creativo á hora de abordar un videopoema. Ás súas costas, unha longa e premiada traxectoria no xénero, que el aborda con ollos de pintor.

día 1 talavera versogramas

O último entrevistado do día foi Eugeni Bonet, o pai da videoarte española, unha peza viva da historia. Explicounos como traballa coa poesía nas súas pezas.

día 1 bonet versogramas

Aínda quedan por diante máis días de rodaxe, e seguimos necesitando todo o voso apoio. Como sabedes, aínda temos que asegurar unha parte do financiamento!

Precisamos da vosa colaboración para chegar ao obxectivo de crowdfunding. Empregaremos o recadado en sufragar gastos de rodaxe, traducir e subtitular o documental, etalonar a peza con todo o coidado que precisa, e facer as copias necesarias para a súa distribución. Para axudarnos:

Facede a vosa achega en vkm.is/versogramas

Compartide a ligazón vkm.is/versogramas entre os vosos contactos

– Se tedes amigos en prensa, faládelles de Versogramas. Se tedes amigos en centros culturais ou bibliotecas, faládelles de Versogramas. Se tedes amigos no mundo educativo, faládelles de Versogramas. Se tedes amigos na televisión, faládelles de Versogramas.

Precisamos difundir a palabra para que Versogramas chegue ás vosas pantallas!!