Spirit – Eduardo Estévez

O videopoema “Spirit”, de Eduardo Estévez, descóbrenos a desértica superficie de Marte.

spirit gal

Eduardo Estévez é un escritor arxentino que publica na nosa lingua dende os noventa. Activo dinamizador, coordinador de actividades didácticas, editor, escritor constante en papel e na rede e membro da AELG.

Este seu “Spirit” é unha colaboración con Mig Seoane na música e Matías Estévez na montaxe. As imaxes foron obtidas polo robot Spirit en Marte e tomadas da web da NASA. O poema que dá título ó conxunto pertence á serie “esga e pedra”, publicada en culturagalega.org entre 2008 e 2009.

O videopoema crea unha atmosfera tremendamente inquietante e desoladora, gracias a unha banda sonora fantásticamente orquestada. En imaxe, un xogo entre o pase de diapositivas e o vídeo en movemento crean dous tempos de montaxe. O texto recrea a soidade absoluta dun camiñante pola superficie de Marte, a asimilación do destino, o frío. Tamén a nostalxia e o efémero se reflicten nas rochas do planeta vermello.