Reticent Sonnet – Anne Carson

Anne Carson é poeta, profesora de Literatura Clásica, ensaísta e tradutora. Ademais das súas respectadas traduccións de autores/as clásicos/as, Carson publicou poemas, ensaios, libretos, críticas de prosa e poemarios que a miúdo mesturan xéneros.

Reticent Sonnet Anne Carson

A peza que exploramos é un bo exemplo de como a videopoesía é vehículo para distintas manifestacións, neste caso, unha conferencia. Ademais, Reticent Sonnet representa unha corrente moi practicada no eido da videopoesía, que é a videodanza.

Reticent Sonnet é un extracto de “Possesive Used as Drink (Me): a lecture on pronouns in the form of 14 sonnets”, unha performance de 25 minutos que incluíu texto, son e danza (en vídeo) por parte de tres bailaríns da Merce Cunningham Dance Company. Stephani Rowden (A&D Faculty) traballou no deseño sonoro e Sadie Wilcox (MFA ’07) realizou o vídeo.

A propia Anne Carson explica o seguinte arredor da experiencia: “Tiven que elaborar un texto sobre os pronomes para unha conferencia en Harvard e este foi o resultado. Escribín unha secuencia de sonetos, que Stephani Rowden gravou e arranxou. Despois, tres bailaríns da Merce Cunningham improvisaron unha coreografía arredor dos sonetos. Sadie Wilcox gravou todo en vídeo e editouno para que encaixase (ou non) coa partitura sonora.

O texto explora a esencia e implicacións dos pronomes (“unha certa retirada de significado”, explica) e tamén certos recursos léxicos á hora de escribir sonetos que se volveron lugares comúns. Remata cunha fermosa definición de si mesma como poeta “Convertínme nunha sorte de peite. Peiteo palabras contra outras palabras.”