QUEN SOMOS

Quen somos. O equipo detrás de VERSOGRAMAS

 Juan Lesta e BeLén Montero

quen somos

Belén Montero (1970) e Juan Lesta (1971) son realizadores cunha ampla experiencia en proxectos experimentais e multimedia orientados tanto á cultura coma ó video corporativo. Formaron no 98 a produtora Esferobite e, baixo o nome artístico DSK, realizan sesións de vídeo en directo e proxectos artístico-musicais. Os  seus traballos foron premiados en numerosos festivais, (tales como MTV Awards, Vitoria-  Gasteiz, VAD) e expostos en museos coma o Pompidou (Metz), o CGAC (Santiago de  Compostela) ou o Hangar (Barcelona).  Especialízanse en videoclip, live cinema, documental  experimental, desarrollo web e proxectos educativos relacionados co vídeo.

www.esferobite.com  //  www.esferobite.com/dsk  //  @Esferobite   //   Esferobite en vimeo


Celia Parra

quen somos

Celia Parra (Ourense, 1990) é produtora audiovisual e recoñecida poeta. Traballou para as principais  produtoras galegas, como Vaca Films, Tic Tac producciones e Ficción Producciones. Foi premiada  en destacados premios poéticos tales coma o Avelina Valladares, Ánxel Casal, Xuventude Crea…  Conta cun  poemario individual, No berce das mareas (Ed. Fervenza),  textos publicados en diversos volumes colectivos (Antoloxía do Sentimentalismo, Revista Dorna) e un CD de audiopoesía, RE(C)verso.  Pertence á Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG).

abroparentese.blogspot.com  //   poemarioculinario.wordpress.com   //   @celiaparradiaz