Primeira parada: Barcelona

Esta semana viaxamos a Barcelona para completar o proceso de investigación e desenvolvemento. Puidemos entrevistar a Eugeni Bonet, un dos pais da videoarte en España. Coa exposición retrospectiva organizada polo MACBA como telón de fondo, Eugeni falounos de como traballa o texto poético insertado no cinematográfico ó longo da súa filmografía. Tamén nos apuntou multitude de referentes de videopoetas de Cataluña. Gracias, mestre!

entrevistabonet

 

Na imaxe, Belén Montero e Celia Parra falando con Eugeni Bonet diante dunha das súas filmesculturas, un bucle de película Super 8.