Back to Top

Pre-estrea de Versogramas, o 1º documental sobre videopoesía

 

Este mércores 20 de decembro ás 19.30h no Auditorio Afundación (A Coruña) terá lugar a pre-estrea de Versogramas, un documental creativo arredor do panorama internacional da videopoesía.

Producido por Esferobite desde A Coruña, trátase do primeiro documental de longa duración en explorar o fenómeno da videopoesía, un xénero artístico de crecente popularidade.

A pre-estrea será un pase privado enfocado a institucións, colaboradores, mecenas, prensa, equipo e videopoetas. Abrirase o acto cunha performance dos directores, Belén Montero e Juan Lesta, centrada nun videopoema colectivo realizado a partir de achegas de mecenas.

Asistirán á pre-estrea varios dos videopoetas participantes do documental, como Yolanda Castaño, Antón Reixa, Iria Pinheiro e Dionisio Cañas.

Versogramas é un documental dirixido por Belén Montero, con co-dirección de Juan Lesta e produción executiva de Celia Parra. Comezará agora o seu percorrido por festivais nacionais e internacionais, estrearase en 2018 terá un primeiro pase público en A Coruña na primavera de 2018.