Madame, has olvidado tu hogar – Cristina Ferreiro

Hoxe comentamos o videopoema “Madame, has olvidado tu hogar” da poeta e realizadora luguesa Cristina Ferreiro

Videopoemasemana

Un dos aspectos máis chamativos da obra poética de Cristina Ferreiro son as súas constantes referencias cinematográficas e audiovisuais, quizais influencia da súa formación e traballo neste eido. Cristina domina a fotografía, o videoclip e o booktrailer. Ten colleitado asimesmo recoñecementos en certames de videocreación e de poesía.

O videopoema “Madame, has olvidado tu hogar” amosa un interesante xogo de texturas e imaxes superpostas. Capas, xestos, repeticións e cores apoian as metáforas do texto e sucédense creando un ritmo áxil de montaxe. A través do poema, escrito e locutado por ela mesma, deslízanse desexo, lingua, morte e lembranza. O resultado é unha mestura intensa e cargada de sensualidade.