Lluna o ala – Josep Porcar

Exploramos o uso da animación en videopoesía da man do creador valenciano Josep Porcar.

Videopoemasemana

Josep Porcar (Castellón) é poeta, director da axencia de comunicación Veta Visual e editor do Blog de Lletres da Universitat de Barcelona. Colabora coa Universitat Oberta de Catalunya en labores de docencia e desenvolvemento de novos formatos dixitais de comunicación literaria. O seu poemario Els Estius (2008) foi o primeiro poemario en catalán publicado para a súa lectura na rede e soportes dixitais, que permitía a súa escoita acompañada de imaxes. Editor tamén do primero hiperblog catalán de literatura na rede (Veus miráis), aproveita esta plataforma para as súas primeiras produccións videográficas, que denomina videolits.

En Lluna o ala a natureza é a grande protagonista. Trátase dun canto dirixido a un moucho, unha exhortación a enchouparse das súas raíces cos elementos da natureza para atopar respostas e solucións. No videopoema, como personificación do moucho (ou quizais viceversa), un neno enfróntase a un volcán coa axuda da maxia da naturaleza, posible referencia á superación de medos e problemas. O delicado das ilustracións e os toques musicales reforzan o efecto reflexivo e intimista do conxunto.