Back to Top
Las hojas – Daniel Cuberta

As follas caen de novo diante da cámara de Daniel Cuberta.

Daniel Cuberta é un videocreador sevillano que enfoca o seu traballo á experimentación con formatos, técnicas e tecnoloxías. Encádrase, en palabras súas, “en algún punto en mitad entre las vocaciones hacia el documento, hacia la pasión contadora de historias, el amor bastante irreflexivo por la representación, por las canciones o por los juegos de palabras”. De feito, destaca por centrarse en pezas de videoarte nas que combina palabra e imaxe. Ten recibido numerosos premios nacionais e internacionais dende o comezo da súa carreira en 1999.

Filma obxectos ou situacións cotiás como paseando a mirada sobre elas para que en nós, como espectadores, emerxa aquilo que as fai especiais. “Las hojas” é un videopoema reflexivo, entre o haiku, o aforismo e a fábula. Como en moitas das súas creacións, emprega unha mestura de técnicas e linguaxes, neste caso a poesía, a animación stop-motion e o vídeo.