Back to Top
Herramientas para Camaleones

VERSOGRAMAS gaña a primeira edición do programa Herramientas para Camaleones!

Organizado por  Trànsit ProjectesImpactHub Madrid e o Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa, Herramientas para Camaleones é unha plataforma para impulsar a creación de modelos de negocio sostibles en cultura, baseado na aplicación do coñecido Business Model Canvas. Durante 9 semanas, tivemos a ocasión de abastecernos de multitude de  ferramentas para desenvolver proxectos culturais: estratexias de gamificación, branding en cultura, estratexias dixitais, transmedia storytelling, definición de valores e alianzas…

Ó final do proceso, Herramientas para Camaleones  elaborou un foro de presentación de proxectos no que puidemos comprobar a evolución dos finalistas ó longo de todo o proceso de traballo. Logo de superar varias fases de selección e un pitching final, VERSOGRAMAS resultou gañador desta primeira edición n’A Coruña!

Presentando Versogramas
Presentando Versogramas

Dende aquí queremos agradecerlle ás entidades organizadoras todo o apoio prestado ó longo do programa, ós compañeiros Camaleóns toda a aprendizaxe, descubertas e vínculos que tecimos durante o proceso, e ó público asistente ó foro o cariño co que escoitou os proxectos. A todos e todas, un inmenso GRACIAS.

Fallo do premio
Fallo do premio

Agárdannos dous meses de residencia artística no MAC para traballar arreo no despegue de VERSOGRAMAS!

As imaxes son autoría de Luis Cousillas, de Crearte Servizos Culturais.