VERSOGRAMAS gaña a primeira edición do programa Herramientas para Camaleones!
Organizado por Trànsit Projectes, ImpactHub Madrid e o Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa, Herramientas para Camaleones é unha plataforma para impulsar a creación de modelos de negocio sostibles en cultura, baseado na aplicación do coñecido Business Model Canvas. Durante 9 semanas, tivemos a ocasión de abastecernos de multitude de ferramentas para desenvolver proxectos culturais: estratexias de gamificación, branding en cultura, estratexias dixitais, transmedia storytelling, definición de valores e alianzas…
Ó final do proceso, Herramientas para Camaleones elaborou un foro de presentación de proxectos no que puidemos comprobar a evolución dos finalistas ó longo de todo o proceso de traballo. Logo de superar varias fases de selección e un pitching final, VERSOGRAMAS resultou gañador desta primeira edición n’A Coruña!
Dende aquí queremos agradecerlle ás entidades organizadoras todo o apoio prestado ó longo do programa, ós compañeiros Camaleóns toda a aprendizaxe, descubertas e vínculos que tecimos durante o proceso, e ó público asistente ó foro o cariño co que escoitou os proxectos. A todos e todas, un inmenso GRACIAS.
Agárdannos dous meses de residencia artística no MAC para traballar arreo no despegue de VERSOGRAMAS!
As imaxes son autoría de Luis Cousillas, de Crearte Servizos Culturais.