Excusa Argumental

Mañá ábrese ó público Excusa Argumental, unha exposición retrospectiva dos dous anos de residencias artísticas do MAC – Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa. Nela exporanse obras dos artistas que formaron parte do programa dende o seu comezo no 2012 ata hoxe.

Entre elas, poderedes ver unha mostra do proceso de traballo da parte expositiva de VERSOGRAMAS. Unha instalación que comprende: un esquema do proxecto curatorial, o que será o vídeo de entrada da exposición final, e unha caixa forrada de poemas cunha sorpresa no interior.

A apertura oficial será mañá xoves 22 de xaneiro ás 12h, mais a exposición permanecerá aberta ata o 15 de marzo. Agardámosvos!

Versogramas proxecto curatorial