Back to Top
Entrevista a Kònic Thtr

Hoxe lembramos un anaquiño da visita a Barcelona, como parte do proceso de investigación de Versogramas.

Entrevistamos a Rosa Sánchez e Alain Baumann, de Kònic Thtr., que nos abriron as portas do seu estudo en Fabra i Coats para falarnos polo miúdo do seu traballo. Desde a plataforma artística Kònic Thtr., Rosa e Alain adícanse á creación multimedia aplicando a tecnoloxía interactiva a proxectos artísticos, nunha confluencia de arte, ciencia e novas tecnoloxías. Tamén desenvolven proxectos de investigación e formación neste campo.

Entre a súa produción contan con varios videopoemas. Puidemos comentar a fondo a peza Golden Bricks, unha animación de texto baseada no manifesto da PAH que acadou multitude de recoñecementos. E a serie CuerpoSMS, pertencente a un proxecto multidisciplinar no que exploran o tema da (in)comunicación, a linguaxe e o corpo. Partindo da imaxe, faláronnos de palabra, de expresión, de conexións. De como combinan performance, interacción e programación para que finalmente o texto, base das súas creacións, ecoe significados ampliados.