Docs Barcelona 2015

Volvemos ó Docs Barcelona.

VERSOGRAMAS foi seleccionado para participar no Obradoiro de Desenvolvemento desta edición. Impartido por Joan González, director do festival, reuniu a representantes de doce proxectos procedentes de diversos países (Colombia, Chile, Uruguai, Brasil, España, Suecia) e media ducia de observadores. Toda unha oportunidade para traballar e compartir experiencias.

tallerdesarrollo

Foto: DocsBarcelona

No marco do InterDocs (sección do festival adicada a interactivos)  Juan Lesta presentou Stereotypecelona, a versión finalizada do prototipo de webdoc que fixo ó seu equipo gañador do Popathon 2014. A versión beta foi pensada, guionizada, producida e programada en 48 horas, e nela traballaron tamén Laia Ros, María Llobet e máis Hermes Carretero.

web_stereotypecelona

Presentación de Stereotypecelona

Inaugurado co pase de La lista de Falciani, ó Festival DocsBarcelona aínda lle quedan dous días de proxeccións, coloquios, networking e o mellorciño do panorama documental internacional. Nós alegrámonos de ter estado presentes.

Joan González na inauguración do DocsBarcelona

Joan González na inauguración do DocsBarcelona