Back to Top
Digital Production Challenge Berlín

VERSOGRAMAS continúa a medrar.

Hai uns días Juan Lesta acudiu con VERSOGRAMAS ó Digital Production Challenge (Berlín, 2014). Organizado pola fundación Focal e a produtora Swiss Effects, e apoiado polo programa MEDIA, o Digital Production Challenge (DPC) é un obradoiro de formación e titorización de proxectos enfocado a mellorar os fluxos de produción, postprodución e distribución na era dixital dentro do mercado europeo. Procesos de traballo, ferramentas, solucións, novas vías de distribución dixital, coordinación e almacenaxe de materiais ou actualización do glosario técnico son conceptos nos que o obradoiro profundiza.

Ademais de sesións formativas sobre estes e outros aspectos, cada proxecto seleccionado como participante recibe titorización individual e asesoramento personalizado. Na imaxe, unha das clases do DPC, impartida polo director de fotografía Philippe Ros.

Seguiremos informando!