AGOC – Ester Xargay

AGOC, de Ester Xargay, traballa a plasticidade do texto en movemento e a música.

AGOC Ester Xargay

Realizado por Ester Xargay, AGOC é un videopoema con raíces na poesía concreta e na poesía visual, das que poderiamos sinalar como referentes a E. M. de Melo e Castro ou Joan Brossa. Encadraríase na categoría de texto visual, tal e como a entende Tom Konyves no seu Manifesto da Videopoesía.

Ester Xargay Melero é poeta, vídeo artista e axitadora cultural. Tamén cultiva a novela, o ensaio e a tradución, así como a performance. Con varios poemarios publicados, colabora en xornais, revistas e actualmente escribe sobre a expansión da arte: interdisciplinariedade, actitudes, procedementos e disolución dos xéneros.

A linguaxe, a escritura de AGOC (libro de Carles Hac Mor) é a fonte de inspiración da música de Mestres Quadreny. O resultado audiovisual, a posta en imaxe e son do texto, adéntranos no universo textual de Hac Mor, así como no sonoro e visual de Quadreny, facendo á vez un guiño ás súas singulares partituras.